| |
Edicións Barbantesa é un novo proxecto editorial que nace en maio de 2010 e que ofrece un catálogo variado e plural, tanto de traducións como de obras galegas: doas engastadas polo noso gusto e criterio/interese persoal.
E interésanos a poesía (aínda que non só), a literatura de muller (aínda que non só), as literaturas africanas (aínda que non só), as recuadas e periféricas; a literatura diferente, orixinal e fresca… tanto se é recente coma se se conserva intacta no formol do tempo. Pero non partimos dun manifesto nin somos voceiros de ningún grupo, así que non nos pidas disciplina, puntualidade nin maior coherencia que esta do noso propio gusto.
Aínda que quen mellor pode falar de nós é o noso catálogo: bótalle un ollo.
A dirección editorial de Barbantesa lévase a cabo dende Sevilla, e a xestión administrativa e técnica realízase en Cangas, onde se atopa a sede da empresa na que se integra a editorial.
Penélope Pedreira
Responsable de edición
|